domingo, 24 de julio de 2011

Ingravidez

…en estado de ingravidez.

Ingravidez, ditosa verba.

Ao tempo que ulo o neumático,
cal solimán enrabechado contra o cerume gris,
tezo en efluvios unha cinta de dedaleiras.
Excitación cardíaca e amago de sorriso.

Verea, verea torta…
Creo que xa non volverei a ficar perdida polos camiños.
Xa vexo a saída, a luz branca convídame a correr impetuosa.
A forza dos nosos corazóns é inexplicable.


***

Metafísica das faíscas ardentes.
bailadela ditosa en noite de lúa chea,
Cos pés nus e inocentes.
O río lambe vagaroso os fiúnchos da beira.


Agora só lembro sumirme nesa esfera, e lanzar ao ar o meu pano, o meu pano branco…

Despois do transo,
Os corazóns latexan compasados.
A porta aberta déixame ulir as rosas recén cortadas.
Sorrío, debrúzome no peitoril da fiestra e

… lanzo.ao.ar unha rosa vermella, a que ficaba atada cunha fita no escritorio. Por favor, lévame canda ti, paseniño, camiñando sobre o devalar do verso…
                       
L.



No hay comentarios:

Publicar un comentario