domingo, 24 de abril de 2011

Delirio

Ía sentindo a leve brisa na face. A música resoaba nos meus tímpanos a modo de eco imperfecto. Flotaba nun mar de sensacións en estado de ingravidez. Ingrávida. Bonita verba.
De socato, o sol racha o veo de nubes baixo a miña testa. Tenta rachalo todo e voltalo fíos. E logo que non queden nin fíos, só esencia inmaterial, inexistente.
As nubes resístense e pensan vencer amplamente na batalla. Pobres, a mentalidade infantil de dominio e poder só queda relegado a ámbitos entre ignorantes. A fin de contas, eran parvas ignonrantes.
Imaxinei o símil, vino nidio e claro.
A música acadaba o clímax tentando resoar forte nos altofalantes. Quere sentirse libre, quere ser sol, e non notar a presión dunhas burdas nubes. E conseguirao. Xa non coñece a palabra presión e ultimato. Xa non a volverá a incluir no seu dicionario. Pensa que as verbas se inventaron para escribir cousas bonitas.
O motor roxe forte, sabe perfectamente a onde me dirixo. Encántame a complicidade perspicaz. Grazas.
A emisora personifica anuncios estrafalarios, e logo aquela canción… lémbroo ben, grande muller…
Oh, money, baby, money…
A miña alma séntese libre, posúe unha felicidade incompresible.
O resto xa é conto, historia, ou chámeselle como desexe. Só lembro sumirme nesa esfera e lanzar ao ar o meu pano, o meu pano branco…

L.

No hay comentarios:

Publicar un comentario