jueves, 21 de abril de 2011

Metafísica

Porque as pantasmas na noite brúan sen sono, atorméntanme ata o punto de prender o candil e escribir as intrincadas verbas que me bategan nas sens unha e outra vez. A modo de oración sagrada, tento reproducir fielmente un dos sonos que xamais desexaría experimentar... sentindo como as miñas veas lapeaban dor e emitían faíscas... Sei que nada voltará a ser coma antes, simplemente estaremos a vivir nunha ilusión óptica o resto da nosa existencia, con ou sen querelo.

Séntese o tictac do reloxo(...)
Ao fondo escóitanse sons sempiternos...
Sons cravados en pentagramas de papiro.

Estrelas candentes alumean o ceo negro,
un ceo de noite fría e de neve.
E a través das ventás dos ollos,
distínguense formas silueteadas,


...marcadas cun lapis cor carmesí.

Velaquí o non - ser, o todo, o infindo no que agora me atopo sumida, do cal non logro atopar a saída...


- E no cal me temo que ficaremos para sempre, señor Carrick.

L.

No hay comentarios:

Publicar un comentario