martes, 5 de abril de 2011

Observa, descubre, sinte.

- Pechaches os ollos? Ben forte?
- Si.
- Conseguiches andar máis dun paso dende que os tes pechados?
- Si.
- Que sintes? Sintes medo? Medo a que, de súpeto, algo se interpoña no teu camiño, que alguén te esté observando sen darte de conta? Medo de que desapareza o chan que antes crías eterno? Medo a que a escuridade que agora te envolve non se disipe xamais ou a que me alonxe do teu lado e non teñas xa ningunha man, ó teu carón, á que aferrarte se tropezas?
- Supoño que a todo, pero sobre todo, a que deixe de existir o MEU mundo, e perderme para sempre.
- E porque tería que desaparecer?
- E porque debería seguir existindo?
- Compróbao, séntate.
- Para que? E se non hai nada onde sentarme? E se caio e me lastimo?
- Aprenderás como é realmente a vida, ese eterno sufrimento, esa incansable incertidume que nos espera á volta de cada esquina.
- Xa estou sentado.
- Que sintes?
- Medo... pero sobre todo curiosidade. Curiosidade por saber onde estou, que estás facendo, que me espera, que hai ó meu arredor.... e impotencia porque non podo descubrilo.
- Non podes descubrilo porque non queres... que teñas os ollos pechados non quere dicir que rematara o mundo para ti. Se cadra é polo que cada día te guías, é normal, pero se te parases un minuto a observar, só un minuto... Que? Sintes algo?
- Non.
- Ten paciencia...
(...)
- Xa empezo a sentir... sinto o cantar dun paxaro, o berro dun neno ó lonxe, a brisa que move ás árbores... e que golpea a miña cara, suavemente, como agarimándome... Sinto olor a margaritas, e tamén a comida, supoño que virá dalgunha casa cercana... Sinto un sabor doce... Outro berro dun neno e varios coches moi lonxe... é incrible!
- O incrible é que, ata hoxe, non foras capaz de apreciar todo iso, que te encerraras en ti mesmo e te guiaras por aquilo que, simplemente, podías observar.
O mundo non é un simple conxunto de imaxes, é algo tan complexo que, por máis que todos creamos coñecelo, ninguén foi nin será capaz de facelo nunca. Vivimos nunha grande ignorancia que nós cremos sabiduría.
A vida ten tantos misterios agochados en cada rincón, que só fai falta darnos a oportunidade de deixar de correr sen rumbo, sen destino... sentarnos un momento e observar, pero non observar mirando... non, pechar os ollos, respirar, e deixar que os misterios saian do seu escondite eles sós... que deixen de escapar, que se acerquen a nós pouco a pouco... que nos sorprendan sen máis...
- E se eses misterios nunca aparecen, se nunca atopamos iso que nos axude cada día a continuar, a vivir, a sentir algo máis que non veña xa da man da pura rutina...?
- Para esperar só fai falta sobrevivir...



...só respira, non fai falta nada máis para iso.


M.

1 comentario:

  1. para min este texto resúmese en catro palabras...>QUERO IR Á PRAIA> mmmm tumbado na area escoitando o mar mentres unha brisa suave te acariña a pel, ese cheiro a salitre cando rompe unha onda..mmm eso é VIDA

    ResponderEliminar