miércoles, 9 de marzo de 2011

Comezamos

Ás veces, os diferentes vieiros do camiño rematan por converxer, por atoparse e seguir de novo todos xuntos… E sabes? Isto non é precisamente un fin, senón un punto de partida…
***
Nós, estas tres rapazas que compartimos un gusto especial polas letras, (e dito sexa de paso, un odio inconfesable aos que asasinan a ortografía) imos plasmar verbas, historias, fotos e lembranzas; contar as nosas andainas neste novo mundo chamado Universidade, plasmar pequenas composicións poéticas que xurdan dos momentos máis inesperados ou quen sabe, reflexións da vida que mesmo podería chegar a cambiar o mundo.
Así que que a nosa inspiración – chámese a gusto do consumidor – serva para que este blogue feito con cariño e ilusión, nado no seo dunha conversa de habitación (de tres), chegue a todos os recunchiños, aos máis intrincados do maxín.
Para vós, de nós, con agarimo.
LMB

1 comentario: