martes, 29 de marzo de 2011

Nostalxia.

Aquí, deitada, desfrutando da suave brisa que se combina cuns cantos raios de sol … Recórdame agora mesmo á miña terra … ós meus inicios … onde eu pertenzo. Un simple xesto no medio desta terra á que xa pertenzo un pouco, recordoume que as miñas raíces aínda están fortes... que unha parte de min sempre quedará alí. Ela, tomando mate, como representando unha pequena parte desa cultura que fai anos deixei. Agora, pertenzo dalgunha maneira a dúas terras, vellas amigas, e alégrome diso...

Hoxe, non estou inspirada, simplemente quixen plasmar estas verbas mentres desfruto do olor a herba que tanto me fascina, da melodía que compoñen coordinados os paxaros... e da calor do sol, que invita ás cores a formar unha paisaxe sen igual... encántanme os días de sol...

“... retalos dun pasado que ás veces boto de menos.”

M.

No hay comentarios:

Publicar un comentario